As autoridades piden colaboración para alertar de calquera incidencia deste tipo para evitar accidentes

O buque Irmáns García Nodal do Servizo de Gardacostas da Xunta remolcaba hai uns días un flotador de grandes dimensións que os temporais arrincaron dalgunha batea na ría de Arousa. A presenza de obxectos de gran tamaño aboiando no mar aumenta coa sucesión de temporais e supoñen un serio risco para a navegación.

O mar acaba expulsando ás praias moitos destes elementos. O problema é que se non se limpan os areais, eses restos volven ao mar.

As autoridades inciden na importancia de alertar de calquera incidencia deste tipo para evitar accidentes.

Fuente:g24.gal