Objetos Marinos No Identificados.
(2005)
Mejor…las bengalas.
Á Mesa do Parlamento
Bieito Lobeira Domínguez, deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento
da Cámara, apresenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa ao sinistro do pesqueiro galego «Ría da Coruña» e ao funcionamento do dispositivo de salvamento activado por este motivo.
Na tarde do 18 de Novembro producíase un incendio no pesqueiro «Ría da Coruña», mentres faenaba a unhas 20 millas ao norte da Coruña.
Afortunadamente non houbo que lamentar danos en ningún dos nove tripulantes desta embarcación, e a mesma puido ser finalmente
remolcada até o porto coruñés.
A versión oficial, procedente da Capitanía Marítima da Coruña e de SASEMAR, fálanos dunha operación de salvamento correctamente activada e levada a cabo, e na que participaron o helicóptero «Helimer Galicia», as embarcacións de salvamento «Salvamar
Dubhe» e «Salvamar Galicia», unha lancha da Garda Civil e o remolcador «Ibaizábal I».
Porén, a sucesión dos feitos indícanos algo moi diferente:
É o buque mercante «Cementador» quen dá aviso ao Centro Zonal de Coordenación de Salvamento (CZCS) de Fisterra do avistamento dunhas bengalas e, portanto, dun buque en situación de emerxencia.
É logo outro pesqueiro, o «Ana Isabel», o que resgata aos nove tripulantes do «Ría da Coruña», e mesmo o que realiza o remolque e conduce ao buque sinistrado ao porto coruñés de Oza. Portanto, as unidades de salvamento tiveron un papel, cando menos, limitado.
Máis grave é o que acontece no ámbito das comunicacións marítimas.
Desde que ás 17:37 UTC (18:37 hora local) se recebe o primeiro aviso dando conta do avistamento de bengalas no mar, dous
buques -non identificados- contactando através da Canle 16 VHF, e unhas coordenadas de posición.
En definitiva, unha situación de emerxencia.
28 minutos despois, ás 18:05 UTC, a Estación Radiocosteira Coruña Radio, previo aviso na Canle 70 VHF da Chamada Selectiva Dixital (do Sistema Mundial de Socorro e Seguranza Marítima -GMDSS-), emite o primeiro MAYDAY RELAY, isto é, o aviso de socorro para todos
os buques que transitan pola zona do sinistro.
Xa que logo, unha demora importante nun operativo de salvamento.
É ainda ás 19:03 UTC (case dúas horas agás o primeiro aviso) cando entra neste episodio a primeira das embarcacións de salvamento, a «Salvamar Dubhue», formulando através da Canle 16 VHF preguntas que demostran a descoordenación existente.
Por outra banda, o MAYDAY emitido ás 18:05 UTC non indica o nome do buque sinistrado,
nin o seu indicativo, nin o seu código MMSI.
Con posterioridade houbo coñecimento de que o «Ría da Coruña» non figura nas bases de dados do GMDSS nas Radio Costeiras.
Estas son as razóns que levan ao BNG a formular as seguintes preguntas para a súa resposta oral en Comisión.
1ª) De que información dispón o Servizo de Gardacostas de Galiza sobre o sinistro do pesqueiro «Ría da Coruña»?
2ª) Cal foi a participación do Servizo de Gardacostas de Galiza no operativo activado?
3ª) Cal é a avaliación que se realiza sobre a situación caótica das radiocomunicaciones marítimas existente na Galiza, demostrada tamén no caso do «Ría da Coruña»?
4ª) Tense previsto investigar o acontecido?
5ª) A que hora se activaron e chegaron á zona do sinistro as unidades de salvamento?
Deja una respuesta