Gardacostas de Galicia colaborou activamente no operativo despregado para sofocar o incendio dun iate, en Sanxenxo, o que provocou que toda a tripulación saltase ao mar para escapar do lume.
ℹ️ O buque do servizo dependente da Xunta inmediatamente enviou a súa embarcación auxiliar de rescate rápido provista de bomba de contraincendios portátil. A súa pronta intervención foi decisiva a completa extinción do incendio. Finalmente, o iate foi trasladado ao porto deportivo con serios danos e deficiencias estruturais.
https://www.instagram.com/reel/DM8dOzHs1b8/?igsh=MWFoY3F4ZWZud3FoeQ==
Deja una respuesta