A Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia e a Unidade Operativa de Celeiro desta entidade foron distinguidas polo Clube de Remo Celeiro pola organización do simulacro que tivo lugar con motivo da III Bandeira Liga Galega de Traineiras para Veteranos, celebrada a pasada fin de semana na localidade mariñá.
Recibiron así unha placa conmemorativa realizada con gran saber facer polos usuarios de Aspanane.
Agradecidos polo recoñecemento pero, sobre todo, por darnos a oportunidade de achegar á poboación o servizo que prestamos!.
https://www.facebook.com/share/1BfexkzhhU

Deja una respuesta